lunes, 27 de febrero de 2012

Para organizar a nosa aula

Nas aulas de infantil atopamos sempre un montón de paneis para organizar o noso traballo e o dos rapaces.
Nesta entrada ensínovos como temos organizadas as nosas aulas.

E moi común ter que facer unha chamada as familias dalgún dos nosos alumnos e os mestres sempre andamos coa lista a voltas. Nós temos feito un panel como este, no que as tarxetas de cada alumno podense sacar porque están con velcro, e detrás temos escritos os números de teléfono de contacto. Deste xeito só tes que levar a tarxeta do alumno e non toda a lista. Un xeito máis cómodo de ter os teléfonos a man e localizados, pero non a vista!


Outros paneis que utilizamos, para a comodidade de todos, son os dos nenos e nenas que usan o transporte e o comedor escolar. É tan simple como estes carteis cos iconos e pegar as fotos dos rapaces que os utilizan. Nós os temos na porta da aula, así que calquera mestre pode saber dun só vistazo que nenos usan cada servizo antes de saír.

Como en todas as aulas, na nosa tamén establecemos unha rutinas e o primeiro que facemos e a asamblea.
Na zona da alfombra, onde realizamos as rutinas de entrada, temos colocado, e ben visible, este panel das nosas clases. Nel, a través de distintos iconos, estructuramos as actividades que realizaremos ao longo do día. Deste xeito os peques coñecen de antemán a organización temporal da xornada.
Podedes atopar os iconos no meu Picasa.


Na segunda imaxe tedes un panel que na nosa clase usamos para organizar o xogo por recunchos ao longo da semana. Como vedes, é unha toboa de dobre entrada na que temos por un lado os días da semana e por outro os diferentes xogos. Os nenos elixen a que queren "apuntarse" e buscan a súa foto (da mesma cor que a columna do xogo). En cada recuncho só poden estar 4 nenos, e non podemos repetir durante a semana porque xa "gastamos" a nosa foto. Cun pouco de práctica e axuda os nenos enseguida son autónomos na organización do seu tempo de xogo.
Tamén podedes ver os iconos que utilizamos no panel pinchado aquí.

A última das imaxes e do panel dos nosos cumples. Axuda aos nenos a decatarse da sucesión dos aniversarios ao longo dos meses.

Nas imaxes seguintes podedes ver o resto de paneis que temos na zona da alfombra. Paneis que utilizamos para facer as rutinas diarias.


Espero que vos sirva de axuda!

No hay comentarios:

Publicar un comentario