Mostrando entradas con la etiqueta animais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animais. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de junio de 2013

miércoles, 27 de febrero de 2013

martes, 26 de febrero de 2013

lunes, 5 de noviembre de 2012

Para facer un acuario...

A miña compañeira Ana fixo cos seus peques este precioso "acuario" para decorar a súa clase.



Os peixiños están feitos con cartolina, un par de CD´s, boliñas de plasti e moita creatividade!!

martes, 11 de septiembre de 2012

jueves, 10 de mayo de 2012

Pingüín invernal

Mirade que amiguiño tan simpático pódese facer con materiais ben sinxelos!


Cartolinas, un prato de plástico, gomets e moita imaxinación!!
Así de chulo quedounos este pingüín co que decoramos o corredor en inverno.
Gústavos?

Bolboretas de cores

No noso cole temos moi decorado o corredor das aulas de Infantil con estas preciosas bolboretas!


Para facelas necesitamos:
  • 1 servilleta de papel
  • 1 pinza da roupa (de cores ou madeira)
  • gomets 
Coas servilleta aberta os nenos fan puntiños nela con pinceis de cores ou con rotuladores.

 

Con pinceis
Con rotus

Si os puntos son de rotuladores ao terminar móllase a servilleta para que as cores corranse, e dáselle unhas pinceladas de barniz para que queden as ás duriñas.

Ao secar colócanse na pinzas e colócanse os detalles: cornos, ollos, boca...

lunes, 23 de enero de 2012

Unha de animaliños

Para traballar o tema dos animais podedes consultar esta páxina web na que atoparedes moita información sobre o tema.

lunes, 25 de abril de 2011

Abelliñas, abelliñas!!

Coa chegada da primavera podemos traballar as abellas, para iso busquei algunha información:

Este é un conto sobre as abellas "La abeja haragana":



Estas son as fichiñas para traballar o tema que elaboramos nós:
As abellas

E outros dossiers de traballo:


Proxecto de investigación sobre as abellas en blogues amigos:

lunes, 4 de abril de 2011

Vermes da seda

Co chegada da primavera en moitas clases traballamos cos vermes da seda.
Aquí podedes atopar recursos utiles para a aula.



Tamén poden ser utiles estes videos sobre o conto "La oruga glotona" de Eric Carle, en versión castelán e inglés.